jueves, 18 de diciembre de 2025

Vente, rapasa

          I

—Vente, rapasa,
vente, miniña,
vente a lavar
no pilón da fontiña.


Vente, Minguiño,
Minguiño, vente;
douche si non
polo demo do dente.

¡Qué augua tan limpa!
¡Qué rica frescura!
Vente a lavar,
que é o primor, criatura.


Válganos Dios,
que si auguiña n'houbera,
lama este corpo
mortal se volvera.

Vinde a lavarvos,
andá lixeiriños,
a cara pirmeiro,
dimpóis os peíños.


ai, ¡qué miniña!
¡Qué nena preciosa!
Dempois de lavada
parese unha rosa.


I este miniño
que teño no colo,
dempóis de lavado
parece un repolo.


¡Ai!, ¡qué tan cuco!
¡Ai!, ¡qué santiño!
Ven ós meus brazos,
daréiche un biquiño.


¡Olliños de groria!
¡Cariña de meiga!
¡Apértame ben,
corasón de manteiga!


Corre, corre
a que Antona te peite;
corre, daráche
unha cunca de leite.

Corre, corre,
a teu pai, Mariquiña,
que como cebola
con pan e sardiña.

Rosalía de Castro: Cantares Gallegos (1863)

Versións:

Abe Rábade e Terela Gradín: Auga limpa; Aloumiños de seda; 2008; Pista 5

No hay comentarios :

Publicar un comentario