| Vinhem aqui para os visitar, e nom os achei. |
||
| Foram-se. | ||
| Caminho errante e só polas ruas | ||
| onde pensava abraçá-los. | ||
| Eles já nom estám aquí. | ||
| Estám juntos nuotro lugar. | ||
| Eu estou só neste lugar. | ||
| Na cidade onde todos nacêmos. | ||
| Todos están deitados e dormem. | ||
| Menos eu, | ||
| que estou de pé e desperto. | ||
| Estou canso de os buscar. Eles esperam sossegados por mim. A chave que abre a grade que de mim os afasta, |
||
| pode cair-me nas maos onde quer que eu esteja. |
||
| Regressarei à cidade em que vivo, e esperarei alí. |
||
| Onde quer que eu esteja, saberam o meu endereço, e enviar-me ham a chave que abre a grade que os afasta de mim, e o carro para deslocar-me alí. |
Ricardo Carballo Calero: Reticências (1986-1989) (1990)
Versións:
Momboi: A chave; Musicando Carvalho Calero (VVAA)*; 2020; Pista 5
Èka: Regressarei; Musicando Carvalho Calero (VVAA)*; 2020; Pista 71
*[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]

No hay comentarios :
Publicar un comentario