Houbo,
houbo un tempo,
un tempo en que cantaban os paxaros
e as rosas florecian
às beiras dos camiños.
As ditas, de mans dadas,
percorrian o mundo.
E as eu bicaba, no penasco dondo.
E sabia enxoitar o pranto das estrelas.
Houbo un tempo en que as mulleres tiñan as fazulas rosadas
e sobre a terra había unha cúpula azul.
e nela un rosetón de ouro.
Un tempo en que a luz non era só unha verba.
En que os jardins eran bosques domesticados
por unha man de neve e de pureza.
Cando existia a arage, e a pomba, e a mar, e a arela.
Foi no país lonjano do abrente da miña vida,
cando ainda ti non chegaras a ela, peregrina.
Ricardo Carballo Calero: O silenzo axionllado (1934)
Versións:
Celia Pía: A noite é*; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 14
*[A versión musical de Celia Pía está precedida por fragmentos dos poemas Profecía da noite amargurada e Evocazón da infancia perdida, da obra de Ricardo Carballo Calero: Vieiros, do ano 1931.]
**[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
Mostrando entradas con la etiqueta Celia Pía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Celia Pía. Mostrar todas las entradas
miércoles, 3 de febrero de 2021
martes, 2 de febrero de 2021
Profecía da noite amargurada
Angúria, fera man na miña gorja,
¡solta-me, solta-me!
O dia foi para min xabre movedizo,
mar sen ribeiras será a noite…
Incertidume: longo camiño cheo de foxas
cubertas pola herba verde da esperanza
para os pes do pensamento, camiñante arripiado
polo que garda o porvir nas suas urnas fechadas.
A noite é un gato negro no horizonte
acurrucado.
Cando a derradeira claridade,
báculo de luz que terma o meu esperar,
se durma,
el ha dar o seu brinco elástico.
E porá-lle ao ceu a sua funda de loito,
e ao dia o seu antifaz de sombra,
e arrañará coas suas poutas no meu corazón ferido,
e as adoas dos seus ollos encherán da sua luz glauca de feitizo
da miña alma as congostras.
A noite será estronício de meigas.
A noite será fiandeira enloitada
que irá fiando o manelo dos desacougos
para facer un mantel à miña desesperanza.
Escorrentado polo moucho do medo,
pola aperta da angúria tolleita as asas,
a tumbos tolos dos seus pes ineptos,
o paxaro do noso fugirá à península da madrugada.
Polo istmo do abrinte chegará a ela, magoada e desfeita,
a miña alma, sangrenta e esgazada.
Ricardo Carballo Calero: Vieiros (1931)
Versións:
Celia Pía: A noite é*; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 14
*[A versión musical de Celia Pía está seguida de fragmentos do poema Evocazón da infancia perdida, da obra de Ricardo Carballo Calero: Vieiros, do ano 1931, e de parte da primeira estrofa do poema Saudade dun pasado, da obra de Ricardo Carballo Calero: O silenzo axionllado, do ano 1934.]
**[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
¡solta-me, solta-me!
O dia foi para min xabre movedizo,
mar sen ribeiras será a noite…
Incertidume: longo camiño cheo de foxas
cubertas pola herba verde da esperanza
para os pes do pensamento, camiñante arripiado
polo que garda o porvir nas suas urnas fechadas.
A noite é un gato negro no horizonte
acurrucado.
Cando a derradeira claridade,
báculo de luz que terma o meu esperar,
se durma,
el ha dar o seu brinco elástico.
E porá-lle ao ceu a sua funda de loito,
e ao dia o seu antifaz de sombra,
e arrañará coas suas poutas no meu corazón ferido,
e as adoas dos seus ollos encherán da sua luz glauca de feitizo
da miña alma as congostras.
A noite será estronício de meigas.
A noite será fiandeira enloitada
que irá fiando o manelo dos desacougos
para facer un mantel à miña desesperanza.
Escorrentado polo moucho do medo,
pola aperta da angúria tolleita as asas,
a tumbos tolos dos seus pes ineptos,
o paxaro do noso fugirá à península da madrugada.
Polo istmo do abrinte chegará a ela, magoada e desfeita,
a miña alma, sangrenta e esgazada.
Ricardo Carballo Calero: Vieiros (1931)
Versións:
Celia Pía: A noite é*; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 14
*[A versión musical de Celia Pía está seguida de fragmentos do poema Evocazón da infancia perdida, da obra de Ricardo Carballo Calero: Vieiros, do ano 1931, e de parte da primeira estrofa do poema Saudade dun pasado, da obra de Ricardo Carballo Calero: O silenzo axionllado, do ano 1934.]
**[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
sábado, 30 de enero de 2021
Evocazón da infancia perdida
¿En qué recanto do tempo
está soterrado o cadáver da miña infáncia?
Da choiva rexurdideira da lembranza
Defende-o un teito de teas de araña:
a tea de araña do esquecimento,
a tea de araña da lonjania,
a tea de araña do sofrimento:
triple teito impermeábel e rejo.
Eu, neno, matei a miña infancia
co coitelo da miña gravidade.
No relógio adiantado da miña vida,
a agulla da miña vontade
asinalaba a hora da colleita
cando ainda non era
a hora da sementeira;
asinalaba a hora do roibo amor
cando era a hora do branco jogar:
e ateigado cedo da ciéncia da dor,
o meu rouxiñol
puxo-se a cantar
ainda antes de aprender a voar.
Cando era a hora do viver,
foi para min a hora do coidar.
¿Cómo tornar as agullas do tempo
a marcar no relógio da miña vida
a hora da alba?
¿Cómo tornar a corrente do rio
polo quenlle enriba?
¿Cómo torná-la?
Eu atingin uns ollos ingénuos
e un corazón enxebre de treboadas.
Enche-o a esperanza
como unha agua clara.
Un corazón naipelo, de cristal e de prata.
Uns ollos rebuldeiros
que ainda non cobellaron nengunha image ma.
¿En qué curruncho do tempo
está soterrado o cadáver da miña infáncia?
¿No cabo de qué camiño cego?
(Ollos e corazón ao jeito dela:
por-llos quero a esa morta, e que resuste.)
A ese recanto do tempo
vai-se por un escuro túnel
que percorre a lembranza como un vento.
Mais a entrada desa via está fechada,
fechada por un valo de teas de araña:
a tea de araña do esquecimento,
a tea de araña da lonjania,
a tea de araña do sofrimento:
triple valo inexorábel e rejo.
Ricardo Carballo Calero: Vieiros (1931)
Versións:
Celia Pía: A noite é*; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 14
*[A versión musical de Celia Pía está precedida por fragmentos do poema Profecía da noite amargurada, da obra de Ricardo Carballo Calero: Vieiros, do ano 1931, e seguida de parte da primeira estrofa do poema Saudade dun pasado, da obra de Ricardo Carballo Calero: O silenzo axionllado, do ano 1934.]

Suscribirse a:
Entradas
(
Atom
)