As almas dos nenos son como cordas dunha guitarra
que agardan por alguén que as temple e as afine.
Só con tocalas soarán,
e a beleza do seu son
dependerá da sabedoría da man que as toque.
Naqueles lonxanos días da nenez
as miñas cordas eran acariciadas suavemente
pola doce voz de pai.
Os domingos á mañá,
sentado na cama,
debuxábame barcos e illas
e espertaba en min o corazón do mar.
Falábame das nubes e das estacións,
e eu desde a miña xanela
miraba como os días se sucedían,
radiante por entender o poderío da vida.
Ollaba os peixes voadores,
os arroaces perseguindo as lanchas e as gamelas.
Coñecía o son dos paxaros e a marabilla das colleitas.
Si, eu fun un campesino.
A miña tía Lucía explicaba con emoción
os segredos das plantas e das árbores.
Ensinábame como o meu propio orín desinfectaba as feridas.
Mamá ofrecía o seu agarimo á tardiña
e todo era dunha luminosa calma.
Como o arrebato dun adagio ao atardecer.
Líanme parábolas da Biblia,
vidas de homes e Santos:
Nerón, Leonardo, Aníbal, Napoleón,
Francisco de Asís, Alexandre Magno, Juan de la Cruz…
Á miña tía tanto lle tiña que aquelas lecturas
se axeitasen ou non a unha idade determinada.
Ela, desde a paixón, me educaba.
Declamaba en voz alta
pasaxes de O Castelo de Irás e non Volverás,
de Carlomagno e dos Doce Pares de Franza,
de A Canción de Roldán, de lendas árabes…
Historias da Grande Guerra ou da Campaña de Marrocos,
O Cometa Haley e a proclamación da II República.
Aqueles nomes fabulosos que sempres resoarían en min
coa mesma intensidade con que ela os pronunciou
para os meus oídos por primeira vez.
Si, eu fun un campesino.
Mais como todos os cativos tiven que ir á escola
e, ao igual que Alexandre, o príncipe macedonio,
cando lle presentaron ao seu mentor Nicómaco,
pregunteime: «¿Para que?»
Coa de marabillas que me arrodeaban
¿qué mestres precisábamos?
Era o noso clan quen gobernaba as naves da nosa moira.
A aritmética e as espirais non pulsaban con agarimo as miñas cordas,
sen embargo as palabras e os primeiros versos
conmovían a miña alma emocionada.
Cando cativo xa sentía a negrura,
e xa triste paseaba en soidade polos xungais e as corredoiras
na procura dun prado libre de sombras
que me revelase a luz do máis alá.
Xa de neno soñaba con serpes
e só o sol me proporcionaba o acougo necesario
para dominar as miñas visións.
As mulleres da aldea dicían:
«ese neno é un vello e debería xogar máis».
Pero eu xa estaba tocado polo desengano
e, solitario, buscaba unha fuxida
para o meu corazón apodrecido pola angustia de existir.
Si, eu fun un campesino.
¿Cómo é posible que aquel neno sexa hoxe este despoxo
de ignorancia e selvaxe odio,
de voluptuosa concupiscencia,
fidelísimo discípulo dos líquidos e as drogas dionisíacas?
¿Qué pasou para que aquela brillante Arcadia
se convertese agora nun territorio de horror e melancolía?
¿O fracaso dun inocente?
A mirada de anxo da que falaba o señor Alejos xa non a encontro.
Agás algúns valentes,
o resto non souberon estar á altura da miña entrega.
Fun traizoado polos seres máis queridos
e deixei de ser un poeta intrépido.
Sí, un día moi lonxano,
eu fun un campesino.
Lino Braxe: O longo día acaba (2002)
Versións:
A caricia da serpe: Ollos negros; A caricia da serpe; 2005; Pista 11
Mostrando entradas con la etiqueta O longo día acaba. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O longo día acaba. Mostrar todas las entradas
sábado, 23 de septiembre de 2023
domingo, 17 de septiembre de 2023
O importante é amar
O día que o meu sangue teña forza
pra murchar e arrincar a edra do amor
Lois Pereiro
Hoxe é un día para saír a pasear ao sol.
Mudar a roupa e botar a andar coa mente orientada cara o vacío.
Tal vez ducharse durante hora e media
e abandonar o hotel cun sorriso cómplice para a recepcionista.
Son bonitas as árbores e tamén os insectos do parque.
Pero non tan bonitos como as túas pernas
ou unha viaxe en ferrocarril ata o teu embigo.
Ovos fritos con patacas e unha botella de viño tinto.
Tampouco diría que non a unha cervexa tostada,
nin a unha boa lambetada aos teus pezóns.
Vaia, nunca pensara que este parque fose tan pequeno.
O sol esplende no horizonte.
Sen embargo para min se acabou o espacio
de árbores e insectos desde onde evocarte.
Xa sei.
Irei onde o bar de Nito,
alí, con sorte,
haberá algún blues polo que morrer ou anceiar a posibilidade do crime.
Sentar naquelas mesas e deixarse levar pola caída das horas.
Ser ordinario durante un instante e contar chistes sobre a morte.
E se xa non podo beixar os teus labios ou acariciar o teu rosto sagrado,
que este sol desapareza
e xa non teña ocasión de pasear con dozura polo parque
mentres debullo os derradeiros recordos da miña mocidade.
Quérote tanto, amor, quérote tanto.
¿Foi aquilo o paraíso?
¿Quen me ofrece una esperanza?
¿Ti? ¿Ti? ¿Ou tal vez ti?
É inútil. Non hai nada que facer, nenas.
Ela era, simplemente, irrepetible.
O seu corazón era unha obra mestra da paixón,
a súa alma o gozo tenebroso do desespero,
a súa mirada a inquietante sombra do pracer.
Non, Nito, non.
Non quites ese blues do Oeste.
¿Non ves que lle senta moi ben ao teu bar?
Deixao que soe.
El é o que sentencia que só resta beber
ou pervertir o espírito con algún poema cargado de misteriosa agonía.
Comprendede o meu estado de abandono persoal.
Permitídeme, ainda que só sexa un instante,
un tímido pensamento suicida.
Lino Braxe: O longo día acaba (2002)
Versións:
A caricia da serpe: O importante é amar; A caricia da serpe; 2005; Pista 9

viernes, 18 de agosto de 2017
O clube dos poetas mortos
aquí lanzamos a áncora na terra fecunda.
Tristán Tzara. Manifiesto dadá 1918
Agora, xa son deses homes que fuman sen présa nos bancos do paseo,
deses que aceptan conversar cunha descoñecida por un sorriso,
deses que beben nos bares solitarios lucindo unha mirada corsaria,
pero non son ricos.
Deses que se encontran coa vellez de súbito,
cando aínda crían que estaban gozando dos últimos estertores da infancia,
deses que arrastran a luz das ideas, cun cansancio secular,
e revolucionan coas súas palabras
as Atlántidas asulagadas nas almas dos oficinistas,
pero non son ricos.
Deses que liquidarían un kilo de vida por un polvo cunha indíxena,
deses que se xogan á ruleta rusa da aventura a súa estabilidade económica,
deses que falan cos vellos
sobre a corrupción das sensibilidades no mundo actual,
deses que len nos demais o seu destino
e recoñecen noutros a súa propia traxedia,
pero non son ricos.
O outro día, unha adolescente miroume dun xeitro tan… tan así,
que non puiden evitar dicirlle:
—Ei, pequeniña ¿a que agardas para ingresar no Clube dos Poetas Mortos?
E ela cruzou o abismo
e fodimos xuntos
e fomos felices
e ricos,
eternamente ricos,
moi ricos,
riquísimos.
Lino Braxe: O longo día acaba (2002)
Versións:
A caricia da serpe: O clube dos poetas mortos; A caricia da serpe; 2005; Pista 10

Suscribirse a:
Entradas
(
Atom
)