Doce mirar, espello da esperanza,
lúa gris como un ave tenra, dame
un anaco da serra —toxo, herdanza
de lama triste— para esquence-lo arame
de espiño que regula os nosos pasos.
E lembremos, amor, os camaradas
que rebeldes, de ferro foron, casos
de extremas libertades abrasadas.
E agora pronunciemos —Fresco, Ponte,
Curuzás e Raúl e máis Foucellas—
os nomes, meu amor e doce porto.
E lembremos o pobo que no monte
non tivo coutos, marcos, muradellas
e foi libre, rebelde e está morto.
Xosé Luis Méndez Ferrín: Poesía enteira de Heriberto Bens (1980)
Versións:
Aurora López, Teresa Luján e Andrés Pociña: Epitalamio 2; Saloucos. 15 poetas da terra nai; 1999; Pista 11
Mostrando entradas con la etiqueta Poesía enteira de Heriberto Bens. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Poesía enteira de Heriberto Bens. Mostrar todas las entradas
viernes, 30 de junio de 2017
jueves, 3 de abril de 2014
Conto
Era Galicia un puro val ou oco
de densidade verde e fume morno.
Era Galicia a chaira máis espida,
inerte néboa sobre illó de lodo.
Era Galicia esguío vento agudo
encrequenando en si tódalas cousas.
Era Galicia un arbre lentamente
ensumíndose un pouco cada hora.
Era Galicia cen avós de terra
sen vengar, mudos ecos que nos moven.
Era Galicia un mar perfectamente
denso, sen luz e con sabor a homes.
Era Galicia a patria do traballo
de nunca terminar, pola boroa.
Era Galicia un home sen cabeza.
Era unha vez Galicia, espranza angosta.
Xosé Luis Méndez Ferrín: Poesía enteira de Heriberto Bens (1980)
Versións:
Suso Vaamonde: Conto; Regodobargo; 1995; Pista 9
María do Ceo: Era Galicia; No bico un cantar; 2010; Pista 10
de densidade verde e fume morno.
Era Galicia a chaira máis espida,
inerte néboa sobre illó de lodo.
Era Galicia esguío vento agudo
encrequenando en si tódalas cousas.
Era Galicia un arbre lentamente
ensumíndose un pouco cada hora.
Era Galicia cen avós de terra
sen vengar, mudos ecos que nos moven.
Era Galicia un mar perfectamente
denso, sen luz e con sabor a homes.
Era Galicia a patria do traballo
de nunca terminar, pola boroa.
Era Galicia un home sen cabeza.
Era unha vez Galicia, espranza angosta.
Xosé Luis Méndez Ferrín: Poesía enteira de Heriberto Bens (1980)
Versións:
Suso Vaamonde: Conto; Regodobargo; 1995; Pista 9
María do Ceo: Era Galicia; No bico un cantar; 2010; Pista 10
Suscribirse a:
Entradas
(
Atom
)
