viernes, 21 de noviembre de 2014

A Revolución Irmandiña

Cando espiraba en Galicia
o período medioeval
o povo fixo xusticia
en irmandá comunal.

Pois os nosos Irmandiños
co gran Roi Xordo por guía
saíron polos camiños
na busca dun novo día.

Foi a Irmandade Galega
unha unidade do povo.
¡Foi a xusticia que chega
traguendo un sol puro e novo!

Baixo o mando de Lanzós
ningún castelo quedóu.
¡Galicia sin torreós
a sí mesma se mandóu…!

E unha forza poderosa
a fe do povo mantiña.
¡Foi unha xeira groriosa
a da Revolta Irmandiña!

Manuel María: As rúas do vento ceibe (1979)

Versións:
Roi Casal: A Revolución; Lendas douradas; 2008; Pista 11

No hay comentarios :

Publicar un comentario