Na barra dos locais, abertos ata o día,
Encalladas, acaso moribundas sereas,
Apareces ás veces: son mulleres perdidas,
Tenebrosas eurídices, afogadas ofelias.
Seguen sendo fermosas, anque as mancou a vida,
Nos sorrisos de prata, pátinas de tristeza
E un remol de desexos hai nas olladas frías:
É doado fitalas; é difícil querelas.
Nos clandestinos sotos, que prolongan a noite
Cunha ilusión de tebras, cun prodixio de espectros,
Podemos atopalas, perdedoras de nortes,
Nimbadas polos lampos de mortos soles negros,
Cando un segue, extraviado, os perigos das noites
E as luces da mañá abren portas do inferno.
Ramiro Fonte: O detective histórico. A rocha dos proscritos [Poemas complementarios, 1994-2004] (2005)
Versións:
Víctor Aneiros: Na barra; Heroe secreto; 2008; Pista 4
No hay comentarios :
Publicar un comentario