Na nao do mar laranxa
anda a noivar.
Seus amores pequeniños
non os contar.
Porase coloradiña
hastra o van.
E tapará os dous ollos
con unha man.
Anda a noivar.
Non o contar!
Álvaro Cunqueiro: Cantiga nova que se chama riveira (1933)
Versións:
Amancio Prada: Na nao do mar laranxa = Hai unha illa loubada*; A dama e o cabaleiro; 1987; Pista 4
Amancio Prada: Na nao do mar laranxa*; 3 poetas en el círculo; 1998; Pista 4
*[A versión musical de Amancio Prada está seguida polo poema Hai unha illa loubada da obra de Álvaro Cunqueiro: Cantiga nova que se chana riveira, do ano 1933.]
No hay comentarios :
Publicar un comentario