Cal olido de rosas que sai de antre o ramaxen
nunha mañán de maio, hai amores soaves
que n'inda vir se sinte, nin se ve cando entraren
pola mimosa porta que o corazón lles abre
de seu, cal se abre no agosto
a frol ó orballo da tarde.
E sin romor nin queixa, nin choros, nin cantares,
brandos así e saudosos, cal alentar dos ánxeles,
en nós encarnan puros, corren coa nosa sangre
i os ermos reverdecen do esprito onde moraren.
Busca estes amores..., búscaos,
si tes quen chos poida dare;
que éstes son sóio os que duran
nesta vida de pasaxen.
Rosalía de Castro: Follas Novas (1880)
Versións:
Narf: Bos amores; Nas tardes escuras; 2013; Pista 9
Narf: Bos amores; Baladas da Galicia imaxinaria; 2015; Pista 7
domingo, 15 de enero de 2017
Bos amores
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
No hay comentarios :
Publicar un comentario