A un batido, outro batido;
a unha dor, outro delor;
tras dun olvido, outro olvido;
tras dun amor outro amor.
I ó fin de fatiga tanta
e de tan diversa sorte,
a vellés que nos espanta
ou o repousar da morte.
Rosalía de Castro: Follas Novas (1880)
Versións:
Najla Shami: Tempo de inverno*; Na lingua que eu falo; 2014; Pista 1
*[A versión musical de Najla Shami está precedida polo poema Cando era tempo de inverno, da obra de Rosalía de Castro: Follas Novas, do ano 1880.]
No hay comentarios :
Publicar un comentario