viernes, 28 de diciembre de 2018

Porta

O fel de ter que vivir
entre badulaques tantos,
fixo nacer istes cantos
de escarnio e de maldecir.
Neles, sin ningún aliño,
pro con moito ritintín,
chámolle, tal como os vin,
pan ó pan, i o viño, viño.

Istes versos ó tuntún,
irmáu das horas acerbas,
levan para ti unas verbas
de amor na Patria común.
Irmáu meu na emigración,
galego peregrinante,
ergue a testa, mira adiante,
camiña con decisión.
Aprende a decirlle non
ó paisano denigrante,
ó logreiro, ó negociante
da túa triste condición.
De que despertes é hora,
dilles que non, logo berra
que eres bon fillo da Terra,
que estás coa Nai e Señora.

Celso Emilio Ferreiro: Cantigas de Escarño e Maldecir (1975)

Versións:
Miro Casabella: Porta; Miro canta Cantigas de Escarnho e de Mal Dizer; Xis 8 EDIGSA/XISTRAL; 1969; Lado B, Corte 2

No hay comentarios :

Publicar un comentario