jueves, 20 de diciembre de 2018

Pra facer un feitizo...

Sabugueiro da folla repinicada
pol-o Mayo estralando de brancas frores
collereiche un Ramallo na madrugada
pra facer un feitizo pros meus amores

Que non fuxan os melros que fan o niño
no máis mesto curruncho dos teus verdores:
esgazareiche as ponlas moy a modiño
pra facer un feitizo pros meus amores

Cocereiche con cornos de bacaloura,
con fiuncho e con ruda dos arredores
da ermida feituqueira da Virxen loura
pra facer un feitizo pros meus amores.

Pra este amor, sabugueiro, que me entolece
tuas frores segura menciña son,
que tí tamén froreces cando frorece,
bermelliño de rosas meu corazón.

Fermín Bouza Brey: Obra literaria completa* (1980)

Versións:

2naFronteira: Pra facer un feitizo; Sons de Nós; 2015; Pista 2



*[Publicada orixinalmente na revista Nós, nº 12, 1922.]

No hay comentarios :

Publicar un comentario