a manuel gonzález o fresco
o fresco vai pro monte
pretende resistir
o pobo baixa os ollos
calando o seu sentir
algúns cruzan a raia
e xa non voltarán
queren borrar seis anos
nen con sangue será
nos montes que el coñece
debe vivir fuxido
e vai collendo forma
un diario convencido
algúns hoxe lle axudan
mañán unha traición
e logo serán balas
buscando un corazón
a morte presentida
vai pechar o seu libro
a lenda vai medrando
memoria dun fuxido
Manolo pipas: A porta verde do sétimo andar (VVAA) (2007)
Versións:
Marful: Tango do fresco; Marful; 2006; Pista 11
No hay comentarios :
Publicar un comentario