jueves, 10 de enero de 2019

Praia en calma

Unha ola
mol e fonda
forte e donda
como o mar.

Unha leda
roda de auga
como seda
no areal.

Gota a gota
pola area
loce e bela
co pai sol.

E na noite
loce estrana
coa nai lúa
no luar.

Coa marea
pula e zoa
trae á terra
brisa e sal.

Mais na beira
hai unha fada
que pon calma
ó ben calar.

Bernardino Graña: X Festival da Poesía do Condado* (1990)

Versións:
Suso Vaamonde: Praia en calma; Rapazas, rapaces e rapazadas; 1997; CD2, Pista 3



*[VVAA: Escolma Poética. X Festival da Poesía do Condado; Salvaterra do Miño, setembro 1990; Salvaterra: SCD Condado; 2011; www.poesiagalega.org]

No hay comentarios :

Publicar un comentario