viernes, 28 de enero de 2022

Água e carbono é o teu corpo, sal

Água e carbono é o teu corpo, sal
precipitado en pousos na tua vida.
Comungo a tua forma corporal,
que a inextinguível sede me convida.

Na tua realidade está o ideal.
Caiu-che a roupa aos pés e estás despida.
Ignorante do bem como do mal.
Perdido Paraíso, Eva proibida.

Se à tua química orgânica me aferro,
mecânica do lume e do suspiro,
som aluno de física integral.

No cárcere sem luz do meu desterro,
No ar desenxabido que respiro,
água e carbono é o teu corpo, sal.

Ricardo Carballo Calero: Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985) (1986)

Versións:

Lagoa e Leni Pérez: Química orgánica; Musicando Carvalho Calero* (VVAA); 2020; Pista 55



*[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]

No hay comentarios :

Publicar un comentario