lunes, 14 de febrero de 2022

Cruzando a ria

Cruzando a ria
pola ponte das Pias,
se os obreiros de Astano
nom cortarom o tráfico,
entrarei em Ferrol, a minha terra.
Se o cortarom, daquela,
hei tomar o caminho antergo,
e pasar por Narom, pé do mosteiro
de Sam Martinho,

polos eidos de Esquio.
De um jeito ou outro,
ei de entrar no meu povo,
para ver se tropeço
numha rua qualquer do Ferrol Velho

—será a de Sam Francisco, a do Socorro?—
com o neno que fum e que foi outro;
aquel que fum e que nom fum entom,
quando eu nom era o velho que hoje som.


Ricardo Carballo Calero: Reticências (1986-1989) (1990)

Versións:

Lidia e César: Ei de entrar; Musicando Carvalho Calero (VVAA)*; 2020; Pista 49



*[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]

No hay comentarios :

Publicar un comentario