Puxeron nomes ás terras que atoparon,
con nomes que trouxeron
na procura dun mellor destino,
deixaron os patrios eidos.
Mar dos primeiros navegantes
que a América viñeron.
Mar de Cuba e arredores,
mar aberto, mar aberto.
Ai, mar das Antillas
Ai, mar que tanto quero
mar azul, transparente,
luminoso mar eterno.
Onde naceu o primeiro poboado
hispano e europeo.
E canto andou o mundo
dende aquel comezo.
Mar que me chama a cantar e unir
tan fraternos sentimentos.
Mar de Cuba e arredores,
mar aberto, mar aberto.
Mar de feras tormentas e ciclóns
de lendas e misterios,
arquipélago antillano
es un libro aberto.
Nas túas augas profundas
hai profundos misterios,
voces de taínas rebeldías
e dos nosos mariñeiros.
Arquipélago antillano
es un libro aberto.
Xosé Neira Vilas: Son galego, son cubano (2015)
Versións:
Roi Casal e Laritza Bacallao: Mar de las Antillas; Son galego, son cubano; 2017; Pista 5
No hay comentarios :
Publicar un comentario