Irei a Pinar del Río
irei porque son galego.
Quero ver esa provincia
semellante ao meu eido.
Territorio sempre verde
como na Galicia temos,
verde no val de Viñales
e na lomba dos outeiros,
verde nas pequeñas chairas
e nos suaves altorelos.
No cabo de San Antonio
sentireime mariñeiro.
Asistirei aos guateques
e outros encontros festeiros
e beberei guayabita
como todo pinareño.
Irei ao “xardín de Cuba”,
verei caios, verei cerros
e as veigas de tabaco
e os ríos cantareiros.
Orquidiario de Soroa,
as terrazas e os roleiros
escoitarei as cancións
de Montañez o trobeiro.
Verei miles de paxaros
alegres e garuleiros
e esa esplendorosa flora
dese xardín feiticeiro.
Xosé Neira Vilas: Son galego, son cubano (2015)
Versións:
Roi Casal: Pinar del río; Son galego, son cubano; 2017; Pista 3
No hay comentarios :
Publicar un comentario