¿Ónde estás ti,
que na noite te busco perdido?
¡Búscote en min e na noite,
soave, íntimo…!
Non tremas, en min non vives,
¡ai, meu desero recinto!
Milagre de carne miña,
¡fillo… fillo!
Ven que teño unha laberca
i un agro inzado de lirios
i un arbre con tres niñadas
i unha rolada de pitos!
¡Heiche de tecer un berce
con xuncos do pe do río!
Coa lá da cordeira branca
i o meu mantelo de liño,
estarás como unha rula
acochadiña no niño…
Non sei que facer cos días,
coa vida que vai fuxindo.
A terra é unha pecha noite
que sabe a sol de suplicios.
Sempre contigo, a soñarte,
buscarte en paisaxes íntimos,
camino que ha de levarme
lonxe no tempo… ¡filliño!
1955
Pura Vázquez: Verbas na edra do vento (1992)
Versións:
Aurora López e Teresa Luján: Soñando o fillo; Saloucos. 15 poetas da terra nai; 1999; Pista 8
No hay comentarios :
Publicar un comentario