miércoles, 20 de septiembre de 2023

Tirar do fío

                                        Tecín soia a miña tea
                                      ROSALÍA DE CASTRO

Chegas do exilio e finxen aceptarte.
Queren introducirte nunha calceta
razonable
tecida por séculos
sen ti
asimilarte nunha cadeneta esquecida
do famoso tecido universal.
Terás de ser un punto fachendoso da gran obra
da tea de araña que ampara e afoga.

¿Qué elexir?, preguntas.

Escapar. Tirar do fío.
Exiliarse da tea da araña.
Quererse ilegal.

¿E logo?

A insolencia de manterse sen fíos de protección
no vacío
e tecer soa a túa tea.

María Xosé Queizán: Fóra de min (1994)

Versións:

Aurora López e Teresa Lujan: Tirar do fío; Saloucos. 15 poetas da terra nai; 1999; Pista 12

No hay comentarios :

Publicar un comentario