martes, 12 de septiembre de 2023

Non

Dixéronme que non,
a un lado i autro lado,
dixéronme que non
de banda a banda,
sólo me queda fiel ista door.
¿Pra ónde camiñarei sinón pra ela?
¿Dediante de qué porta ergueréi miña voz?
En todas elas
dixéronme que non
e quedaréime
afora, no arredor,
quedo moi quedo, como un árbol
non que se pousa a chuvia mol.
De banda a banda,
dixéronme que non.
Voume quedar esí,
prantado no lameiro dunha dór
esmorecéndose, esvaéndose…
que hastra a door dime que non.

Antón Tovar: Non (1967)

Versións:

Anxo Rei: Dixéronme que non; A rabela da pluma; 2006; Pista 6

No hay comentarios :

Publicar un comentario