jueves, 5 de octubre de 2017

Aquí che deixo, meu peito canso, aquí

Aquí che deixo, meu peito canso, aquí
che deixo,
aquí che deixo neste branco papel trillado, neste
percuro das horas.
¿Quen eres —preguntaranche—, quen eres?
Son a néboa que anda soia, son o sol
que quenta as queixas, dos camiños
son o farto,
son o sono que rixe
mundo que verte tempo,
son o berro caladiño entre arranque-brío de sono morto.
Das cousas que non se atopan
tamén son,
das ondas que soio van, van e van,
delas son,
de cando veñen e vein vindo
delas son. Son o ledo daquel sono —terra de sin pisadas,
soio remaxe das cousas—.
Papel branco,
trillado,
papel,
berra,
berra entre os fortes
desde onde as miñas verbas che magoan.

María Mariño: Verba que comenza (1990)

Versións:
Manoele de Felisa: Meu peito canso*; De Felisa a María Mariño; 2007; Pista 5


Miguel Pernas: Aquí che deixo; As voces de María Mariño (VVAA); 2007; Pista 3


*[A versión musical de Manoele de Felisa está precedida polo recitativo da parte final do poema Cruceiro, da obra de María Mariño: Palabra no tempo, do ano 1963.]

No hay comentarios :

Publicar un comentario