jueves, 19 de octubre de 2017

O meu año

Teño un año branco
como outro non hai,
¡Teño un año branco
que quedo usen nai!

Ven comigo ao prado
e ao monte tamén,
a onde quer que eu vaia
el comigo ven…

Sempre ven comigo,
sen min non se afai.
¡Eu son seu amigo
que quedou sen nai!

El comigo brinca
e eu xogo con el.
¡Meu añiño branco,
meu amigo fiel…!

El comigo xoga:
¡moi mansiño é!
E sei o que fala
cando dice: ¡meé…!

Manuel María: Os soños na gaiola (1968)

Versións:
Suso Vaamonde: O meu año; Os soños na gaiola; 1978; LP2, Cara B, Corte 1

No hay comentarios :

Publicar un comentario