Eu non sei si xa pasou
ou se inda ten que pasar,
ou si aquello que eu sentín
non foi sentir, foi soñar.
Vivo no preto quedo
dun lonxano latexar.
2
O silencio das cousas, hoxe,
aboia, aboia en min.
Remos navegan terra ó lonxe,
volvendo as augas cara mín.
María Mariño: Palabra no tempo (1963)
Versións:
Manoele de Felisa: Lonxano latexar*; De Felisa a María Mariño; 2007; Pista 7
Rebeca Montero: Cruceiro**; As voces de María Mariño (VVAA); 2007; Pista 1
*[A versión musical de Manoele de Felisa inclue tamén o poema Oio algo alá mui lonxe e nada del sei decir, da obra de María Mariño: Palabra no tempo, do ano 1963.]
**[Este recitativo está precedido polo recitativo dos poemas Cruceiro, na voz de Sabela Amado Rojo; No silencio está o mundo que o peito sinte del, na voz de Luis Tosar, e; O mundo dos furados canta un cantar que eu aprendín, na voz de Sylvie Juncal, e; seguido polo recitativo dos poemas: Oio algo alá mui lonxe e nada del sei decir, na voz de Laura Sarasola, e; Cousas, cousas fun lendo, cando as letras aprendía, na voz de Asunción Balaguer; todos eles da obra de María Mariño: Palabra no tempo; 1963.]
No hay comentarios :
Publicar un comentario