martes, 3 de octubre de 2017

O grilo

O grilo canta no lar,
tamén canta na campía.
¡Canta co sol queimador
nas horas do meridiá!

¡O grilo tan pequeniño
coas azas tan delicadas,
co seu traxe de cor moura
e as súas antenas delgadas!

Teño un grilo ceboleiro
que soio come leituga
e, para cantar e cantar,
¡si viras cómo madruga!

O meu grilo cantador
é mellor que o que tés ti:
¡cando o teu da dito: “cri…”
o meu xa dixo: “crícrí…”!

Manuel María: Os soños na gaiola (1968)

Versións:
Suso Vaamonde: O grilo; Os soños na gaiola; 1978; LP2, Cara B, Corte 6

No hay comentarios :

Publicar un comentario