martes, 10 de octubre de 2017

Escola

Ollo agora o pazo do Marqués
e recordó
doce pupitres con tinteiros de chumbo,
unha mestra, un ábaco, un braseiro,
o home da cruz
onde estivera a imaxe da República,
carteis con himnos e oracións,
vidas de santos,
infernos do padre Astete,
riolas de monarcas e batallas,
cinco frechas e un xugo,
e a lingua oficial, a dos señores,
que non me canxa…
Recordo
sentencias e castigos,
letra que entra con sangue,
friaxes,
saídas pola aldea
coa bandeira e os cantos de Pemán
na nosa voz inxel,
para celebrar victorias dos traidores.

Neste pazo con escaleiras de pedra
estivo a miña escola.
Eran tempos de guerra,
de fame e de remendos.
Recordo ós compañeiros
e doime
que algún xa non poidan contalo.

Xosé Neira Vilas: Dende Gres (2004)

Versións:
Manoele de Felisa e Sapoconcho: Escola; Cantos de lembranza; 2014; Pista 4

No hay comentarios :

Publicar un comentario