lunes, 16 de octubre de 2017

O mundo dos furados canta un cantar que eu aprendín

                                    1
O mundo dos furados canta un cantar que eu aprendín.
Eles saben o que cantan i eu non sei a quen llo oín.

                                    2
Os paxariños hoxe cantan ben con outro són.
O día nace máis craro. ¿Será deles o hoxe ou non?

María Mariño: Palabra no tempo (1963)

Versións:
Sylvie Juncal: Cruceiro*; As voces de María Mariño (VVAA); 2007; Pista 1



*[O presente recitativo está precedido polo recitativo dos poemas Cruceiro, na voz de Sabela Amado Rojo, e No silencio está o mundo que o peito sinte del, na voz de Luis Tosar, e; seguido polo recitativo dos poemas: Eu non sei si xa pasou, na voz de Rebeca Montero; Oio algo alá mui lonxe e nada del sei decir, na voz de Laura Sarasola, e; Cousas, cousas fun lendo, cando as letras aprendía, na voz de Asunción Balaguer; todas elas da obra de María Mariño: Palabra no tempo; 1963.]

No hay comentarios :

Publicar un comentario