miércoles, 14 de junio de 2017

Canción de berce para Federico García, morto

Dúrmete, meu ben, durme;
durme, sosega.
Non tes nicho nin lousa,
tes a túa terra.

Brilan
os teus ollos
na alborada,
aurora nova
sobre Granada.
Voan cara ó ceo
os teus versos
coma anxos novos
no firmamento.

Dúrmete, meu ben, durme;
dúrmete, acouga.
Bércete, nai, a túa terra
sen nicho e lousa.

Andrés Pociña: A Rosalía dende Granada (1985)

Versións:
Aurora López e Teresa Luján: Canción de berce para Federico García, morto; Saloucos. 15 poetas da terra nai; 1999; Pista 14

No hay comentarios :

Publicar un comentario