Boura o ferreiro na zafra,
boura no ferro,
i escintilan as muxicas
tras do martelo.
Bufa o barquín bufadeiro,
bufa e rebule;
as ferraxes amolecen
co arder do lume.
Trafego ledo na forxa,
trafego vello.
Seréi ferreiro algún día
pra bater ferro.
Xosé Neira Vilas: Cantarolas e contos prá xente miuda (1975)
Versións:
Suso Vaamonde: Ferreiro; Cantarolas pra xente miuda; 1986; Lado A, Corte 4
A Quenlla: O Ferreiro; Máis alá da néboa; 1990; Cara A, Corte 5
No hay comentarios :
Publicar un comentario