Carballos de Carballido,
cand’era rapaz deixeivos;
vin despois de muitos anos:
ja vamos vellos.
Pasáranse as alegrías
que troguera o tempo ledo;
a mocedá fui pasada:
ja vamos vellos.
Eu teño os cabelos brancos,
vós tede-los gallos secos;
os nosos días pasano:
ja vamos vellos.
Eduardo Pondal: Queixumes dos pinos (1886)
Versións:
Aurora López e Teresa Luján: Carballos de Carballido; Saloucos. 15 poetas da terra nai; 1996; Pista 1
No hay comentarios :
Publicar un comentario