Non hai no mundo ser tan desolado,
criatura máis ferida e pesarosa:
compañeiro da rosa ruborosa
e solidario irmao do desgraciado.
Eu nacín nunha casa moi fermosa
e, nela, deixei o meu pasado,
o tempo da nenez, o soño ousado
e a miña adolescencia tormentosa.
A claridade volvéuseme foscor
malia vivir en min o gran encanto
da casa petrucial que quero tanto.
Eu só son, amiga, feliz co teu amor
e co gozo sinselo deste canto
que purifica e sublima a miña dor.
Manuel María: Sonetos á casa de Hortas (1997)
Versións:
Uxía Senlle: A casa que quero tanto; Andando a terra. Uxía canta a Manuel María; 2013; Pista 2
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
No hay comentarios :
Publicar un comentario