Imos silandeiros orela do vado
pra ver ô adolescente afogado.
Imos silandeiros veiriña do ar,
antes que ise río o leve pro mar.
Súa i-alma choraba, ferida e pequena
embaixo os arumes de pinos e d'herbas.
Agoa despenada baixaba da lúa
cobrindo de lirios a montana núa.
O vento deixaba camelias de soma
na lumieira murcha da súa triste boca.
¡Vinde mozos loiros do monte e do prado
pra ver o adoescente afogado!
¡Vinde xente escura do cume e do val
antes que ise río o leve pro mar!
O leve pro mar de curtiñas brancas
onde van e vên vellos bois de ágoa.
¡Ay, cómo cantaban os albres do Sil
sobre a verde lúa, coma un tamboril!
¡Mozos, imos, vinde, aixiña, chegar
porque xa ise río m'o leva pra o mar!
Federico García Lorca: Seis poemas galegos (1935)
Versións:
Xoán Rubia: Noiturnio do adoescente morto; EP Edigsa-Xistral XIS 11; 1969; Cara A, Corte 2
Xoán Rubia: Noiturnio do adoescente morto; Lembranzas; 1977; Cara A, Corte 1
Xoán Rubia: Noiturnio do adoescente morto; 7 anos de canción galega (VVAA); 1979; Cara 2, Corte 1
(Reedición da versión do disco EP Edigsa-Xistral XIS 11, do ano 1969.)
Claudina e Alberto Gambino: Noiturno do adolescente morto; Danza na lúa. Seis poemas galegos; 1986; Cara B, Corte 4
César Morán: Noiturnio do adoescente morto; Río de son e vento; 1999; Pista 6
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
No hay comentarios :
Publicar un comentario