domingo, 11 de junio de 2017

Cecáis mañá

Cecáis mañá
chore un fagot a miña morte.
Cecáis sexa
o salaio dun río interminábel.

Hai violíns chuviñentos
na banda do misterio
un arpa fuxidía
que traspasóu a ialma.

Polo camino vello
deixo un rasto de néboa,
unha voce no tempo
unha ferida vea que se chama amor.

Ningunha hora para me despedir
millor ca hora da chuvia na noite
a hora dos negros navíos
das portas enloitadas.

Conocerei o intre
nas rúas tebregosas
nos muros xordos onde alguén
escribiu un nome
soio.

Luz Pozo Garza: Concerto de outono (1981)

Versións:
Aurora López e Teresa Luján: Cecáis mañá; Saloucos. 15 poetas da terra nai; 1999; Pista 9

No hay comentarios :

Publicar un comentario