Unha formiga leva,
outra formiga trai.
Todas xuntas carrexan e carrexan.
Tralarái.
O monte ponse escuro
cando a noitiña cai,
pero sigue a medrar o formigueiro.
Tralarái.
Están ledas por teren,
tras de tanto fai fai,
unha casa de seu feita por todas.
Tralarái.
Xosé Neira Vilas: Cantarolas e contos prá xente miuda (1975)
Versións:
Suso Vaamonde: Formigas; Cantarolas pra xente miuda; 1986; Cara B, Corte 3
No hay comentarios :
Publicar un comentario