Cantaba o grilo no monte
o seu ledo cri, cri, cri,
entre erbiñas e ramallos
moi feliz.
Dempóis foi pra unha lareira
perto do lume souril,
e de novo o seu grileo
fixo ouvir.
Pero un rapaz encerróuno
nunha gaioliña gris
e acabóuse a cantaruxa
do cri, cri.
Mais o grilo tanto fixo
que un día logróu saír,
e outra vez anda no lerio
cantarín.
Xosé Neira Vilas: Cantarolas e contos prá xente miuda (1975)
Versións:
Suso Vaamonde: Historia dun grilo; Cantarolas pra xente miuda; 1986; Lado A, Corte 3
No hay comentarios :
Publicar un comentario