jueves, 9 de mayo de 2019

Quezáis

Non sei por qué me deron esta mañá vidrada
chea de alas de pomba.
Foi, se cadra, un grande anxo esquencido que tivo
dó destes ollos cansos.

Non sei por qué me deron esta tarde tan cenza
cunha fonte no medio.
Quezais nunha batalla sen nome oieu a Virxe
voz que Ela coñecera.

E esta noite baixiña con mil ventas acesas,
¡e baixo dela un leito!
Quezais Deus, tendo dó da noite que hai en min,
variou soles e mundos…

Xosé María Díaz Castro: Nimbos (1961)

Versións:

2naFronteira: Quezáis; Zapatiños para Díaz Castro; 2014; Pista 9

No hay comentarios :

Publicar un comentario