martes, 27 de noviembre de 2018

A dama que fala

a dama que fala
poderosa pomada que ataca irremisiblemente as varices das avispas
e a córnea coma xelatina dos buques de guerra e todas aquelas
picasións aínda non nucleares procedan por exemplo do estómago
ou da fantasía
a súa aplicación indiscriminada pode dar lugar a unha prolongación
inuxitada do baixo ventre manifestada ou ben en forma nostalxicamente
cónica ou ben a xeito de tesouras
con todo aquel ano a colleita de viño resultou un tanto deslucida
pola aparición de estranos lepidópteros no interior das uvas conocidos
popularmente como porcos de pé ou marfiliños de mondoñedo pola súa
tendencia a unha vez fóra da uva camiñar en progresión xeométrica
sempre con dirección á meca e construir diminutos castelos de dulce
de membrillo

Grupo de comunicación Poética Rompente*: A dama que fala (1983)

Versións:
Roberto Sobrado e Banda: A dama que fala**; Once máis 15 (VVAA); 2009; Pista 8



*[O Grupo de Comunicación Poética Rompente ou Grupo Rompente foi creado en 1975 por Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manuel M. Romón, e a él estiveron vencellados tamén Alfonso Pexegueiro, Camilo Valdehorras e Xosé Leira López.]
**[O recitativo deste poema está precedido pola musicalización do poema A dama que fala é muda polos cóbados interpretado por Roberto Sobrado e Banda, e remata co recitativo do poema as referencias de contexto histórico agrícolas non nos deben levar, ámbo-los dous da obra do Grupo de Comunicación Poética Rompente: A dama que fala, do ano 1983.]

No hay comentarios :

Publicar un comentario