martes, 12 de junio de 2012

Belén, ano cero

Xuntéi o vento frío coa auga-neve,
xuntéi a noite negra coa xiada,
e vin un neno espido nun pesebre.

Qué misterio máis fondo, qué aventura:
O neno non quería
gozar de outros irmáus, nin de outra axuda.

Por algo estaba alí, por algo estaba
tan lonxe da riqueza gasalleira,
tan perto da probeza desolada.

Por algo os pastoriños se achegaron.
E si o vento pasou tan paseniño
cantando soavemente, foi por algo.

Por algo era María unha artesán,
cando podía sere si quixera,
primeira dama, esposa principal.

Por algo era Xosé un carpinteiro
de fortes, rexas máus encallecidas
na garlopa, na trencha e no martelo

Xuntéi tódolos orfos nun só berce,
xuntéi as inxusticias cos aldraxes
e púxenos de ofrenda nun pesebre.

¿Quén foi o que roubou o meu presente?

Celso Emilio Ferreiro: Viaxe ao país dos ananos (1968)

Versións:
Amancio Prada: Belén, año cero; De la mano del aire; 1984; Pista 10



Amancio Prada: Belén, ano cero; Canta a Galicia; 1986; Pista 3

(Reedición da versión do álbum De la mano del aire, do ano 1984)

No hay comentarios :

Publicar un comentario