lunes, 25 de junio de 2012

Canción das tres cucharas

Pra cando Mª Luisa teña o neno

Tac, tac, tac
cuchara de pau
cunca de madeira
o meu neno
está na lareira.

Tin, tin, tin
cuchara de prata
cunca do pazo
o meu neno
está no regazo.

Ton, ton, ton
cuchara de ouro
cunca de cristal
o meu neno
é príncipe real.

Luis Pimentel: Sombra do aire na herba (1959)

Versións:
Suso Vaamonde: Cantiga das tres culleres; Rapaces, rapazas e rapazadas; 1997; CD1, Pista 9



Abe Rábade e Ramón Bermejo: Canción das tres culleres; Aloumiños de seda; 2008; Pista 2

No hay comentarios :

Publicar un comentario