Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades. |
|
|
|
|
|
|
|
I
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar. |
|
|
|
|
|
|
|
Cando de lonxe vos oio
penso que por min chamades
e das entrañas me doio. |
|
|
|
|
|
|
|
Dóiome de dór ferida,
que antes tiña vida enteira
e hoxe teño media vida. |
|
|
|
|
|
|
|
só media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron. |
|
|
|
|
|
|
|
Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores. |
|
|
|
|
|
|
|
Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
de pena me consumiron. |
|
|
|
|
|
|
|
II
Aló pola mañanciña
subo enriba dos outeiros
lixeiriña, lixeiriña. |
|
|
|
|
|
|
|
Como unha craba lixeira,
para oir das campaniñas
a batalada primeira. |
|
|
|
|
|
|
|
A primeira da alborada
que me traen os airiños
por me ver máis consolada. |
|
|
|
|
|
|
|
Por me ver menos chorosa,
nas suas alas ma traen
rebuldeira e queixumbrosa. |
|
|
|
|
|
|
|
Queixumbrosa e retembrando
por antre verde espesura,
por antre verde arborado. |
|
|
|
|
|
|
|
E pola verde pradeira,
por riba da veiga llana,
rebuldeira e rebuldeira. |
|
|
|
|
|
|
|
III
Paseniño, paseniño
vou pola tarde calada
de Bastabales camiño. |
|
|
|
|
|
|
|
Camiño do meu contento;
i en tanto o sol non se esconde
nunha pedriña me sento. |
|
|
|
|
|
|
|
E sentada estou mirando
como a lua vai saíndo,
como o sol se vai deitando. |
|
|
|
|
|
|
|
Cal se deita, cal se esconde
mentras tanto corre a lua
sin saberse para donde. |
|
|
|
|
|
|
|
Para donde vai tan soia
sin que aos tristes que a miramos
nin nos fale nin nos oia. |
|
|
|
|
|
|
|
Que si oira e nos falara,
moitas cousas lle dixera,
moitas cousas lle contara. |
|
|
|
|
|
|
|
IV
Cada estrela, o seu diamante;
cada nube, branca pruma;
triste a lúa marcha diante. |
|
|
|
|
|
|
|
Diante marcha crarexando
veigas, prados, montes, ríos,
onde o día vai faltando. |
|
|
|
|
|
|
|
Falta o día e noite escura
baixa, baixa, pouco a pouco,
por montañas de verdura. |
|
|
|
|
|
|
|
De verdor e de follaxe,
salpicada de fontiñas
baixo a sombra do ramaxe. |
|
|
|
|
|
|
|
Do ramaxe donde cantan
paxariños piadores,
que ca aurora se levantan. |
|
|
|
|
|
|
|
Que ca noite se adormecen
para que canten os grilos
que cas sombras aparecen. |
|
|
|
|
|
|
|
V
Corre o vento, o río pasa.
Corren nubes, nubes corren
camiño da miña casa. |
|
|
|
|
|
|
|
Miña casa, meu abrigo,
vanse todos, eu me quedo
sin compaña nin amigo. |
|
|
|
|
|
|
|
Eu me quedo contemprando
as laradas das casiñas
por quen vivo sospirando. |
|
|
|
|
|
|
.............................. |
|
|
|
|
|
|
Ven a noite..., morre o día,
as campanas tocan lonxe
o tocar do Ave María. |
|
|
|
|
|
|
|
Elas tocan pra que rece;
eu non rezo que os saloucos
afogándome parece
que por mín tén que rezar. |
|
|
|
|
|
|
|
Campanas de bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades. |
|
|
|
|
|
|
No hay comentarios :
Publicar un comentario