Non sei se matei. Estiven na trincheira. Non vin o meu nemigo. Disparei. Non sei se matei. |
||||
Fun ferido. Mais non sei se matei. |
||||
Toupa cega, non teño outro ollo que o ollo do meu fusil. ¿Se cadra o ten visto o meu nemigo? Olladas de fogo |
||||
cruzan-se entre os dous: |
||||
eu eo meu nemigo. |
||||
Fun ferido. Eu non sei se matei. |
Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional (1961-1980) (1982)
Versións:
Ruxe-Ruxe: Nom sei se matei; Musicando Carvalho Calero (VVAA)*; 2010;
Labazada: Nom sei se matei; Musicando Carvalho Calero (VVAA)*; 2010;
Alféizar: Nom sei se matei; Musicando Carvalho Calero (VVAA)*; 2010;
Sons de Celeiro: Non sei; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 1
Xoán Cabana: Non sei; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 4
Malasömbra: Nom sei se matei; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 69
Xan Cassavella e Beatriz Varela: Nom sei se matei***; Musicando Carvalho Calero** (VVAA); 2020; Pista 73
*[Inédito. Versión musical participante no concurso homenaxe a Ricardo Carballo Calero, patrocinado por komunikando.net e AGAL (Associaçom Galega da Língua), con motivo do centenario do seu nacemento.]
**[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]
***[A versión musical de Xan Cassavella e Beatriz Varela está precedida e alterna con parte do poema Pola fiteira do meu Castelo sitiado, da obra de Ricardo Carballo Calero: Futuro condicional, do ano 1982.]
No hay comentarios :
Publicar un comentario